Aberta a inscrición para o obradoiro sectorial de emprendemento mariño

Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar está xa na recta final do programa. Entre as actividades que desenvolverán ata o final do curso, encóntrase un obradoiro sectorial de emprendemento mariño, que se desenvolverá o vindeiro 4 de xuño, e que estará aberto a todas as persoas interesadas previa inscrición.

O obxectivo da iniciativa, é trasladar aos participantes as experiencias emprendedoras de profesionais que puxeron en marcha as súas ideas de negocio de forma exitosa nos últimos anos neste medio. Ademais acudirán expertos en disciplinas mariñas como son a acuicultura, os novos produtos do mar e a valorización do medio mariño que trasladarán os seus coñecementos  aos asistentes.

Por último, o público que acuda a este obradoiro recibirá formación sobre as iniciativas en Emprego de Base Tecnolóxica, por medio de exemplos de éxito, e información sobre requisitos e normativa aplicable.

bateasvigo

A xornada desenvolverase en horario de mañá e contará coa presenza de Alicia Lamas Bugallo, Técnica do programa IEBTs da Fundación Universidade de Vigo, da empresa Galician Marine Aquaculture como caso de éxito en acuicultura, O Canto da Balea como exemplo de posta en valor do patrimonio mariño galego e, como caso de novos produtos do mar, contarase con Conservas Mar de Ardora.

Este obradoiro sectorial está dirixido, ademais de a alumnos de Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar, a investigadores, tecnólogos e estudantes do Campus do Mar interesados no emprendemento, e a persoas que teñan previsto desenvolver iniciativas empresariais vencelladas ao mar.

Os interesados deberán inscribirse en http://survey.campusdomar.es/index.php?sid=21299&lang=gl antes do 2 de xuño.