Aberto o prazo de preinscrición

Dende o 8 e ata o día 23 de abril de 2013 permanece aberto o prazo de preinscrición na “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar”. Durante este período as persoas interesadas en participar nesta proposta formativa poderán solicitar a súa inclusión no proceso selectivo de alumnado para ocupar unha das 25 prazas que ofrece o programa.

Os candidatos/as deberán ser universitarios e universitarias que estean a cursar estudos de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, Grao ou Posgrao, impartidos, en calquera universidade galega. Tamén poderán participar aqueles titulados e tituladas que finalizasen os seus estudos universitarios, Grao ou Posgrao durante os cursos 2009-2010, 2010-2011 ou 2011-2012.

As solicitudes deberán ir acompañadas do formulario “Solicitude de aceptación de candidatura”, cuxo PDF pode descargarse da páxina web www.escolaemprendedores.com. A solicitude deberá remitirse por correo electrónico ao enderezo slopezj@udc.es antes das 12:00 horas do 23 de abril de 2013. Posteriormente, as candidaturas seleccionadas serán convocadas para unha entrevista persoal.