Aprendizaxe e compañeirismo ao aire libre

Os pasados días 4 e 5 de abril levouse a cabo un Outdoor training nas instalacións do Pazo de Lóngora, en Bastiagueiro, e na praia de Santa Cruz na Coruña.

ActividadesOutdoorTratada_800x600px

Alumnos de Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar gozaron de numerosas actividades ao aire libre, coordinadas polo equipo docente formado por Luís García, da Fundación Ronsel, e Eduardo Guillén e Manuel Martínez, da Universidade da Coruña.

Un outdoor training é unha dinámica de grupo que persegue potenciar as habilidades laborais e persoais dos traballadores dunha empresa (neste caso dun grupo de estudantes e futuros empresarios) mediante unha metodoloxía de aprendizaxe baseada na experiencia directa.

Así mesmo, todos os participantes realizaron actividades grupais, especialmente deseñadas para desenvolver e analizar competencias coma o liderado, a comunicación, a motivación, a resiliencia, a planificación e xestión do tempo, e a resolución de problemas.

Outro dos obxectivos do Outdoor foi lograr a potenciación doutras habilidades interpersoais, focalizadas en aspectos coma o autocoñecemento, a capacidade de adaptación e o traballo en equipo.

Unha actividade na que ademais os estudantes aproveitaron para coñecerse un pouco máis neste inicio de curso. En definitiva, nun ambiente distendido, e con gran implicación por parte dos alumnos, todos gozaron dunhas divertidas xornadas de aprendizaxe e compañeirismo.