Bitácora

atributo_alt

Turismo, gastronomía, divulgación e acuicultura están presentes nos proxectos da III Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar

O pasado mércores 18 de xuño finalizaba a travesía emprendedora dunha vintena de mozos que prometen formar parte do programa empresarial galego máis pronto que tarde. Durante a xornada de clausura de “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” puxeron a proba a súa temperanza e o seu discurso e presentaron as súas ideas de negocio aos alí presentes. En total foron cinco os proxectos que xurdiron desta singladura formativa. Ver máis

atributo_alt

A presentación de cinco grandes proxectos pon o broche de ouro á III Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar

O pasado mércores 18 de xuño finalizou a travesía da terceira Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar. Durante tres meses os grumetes que formaron parte desta aventura foron formados, orientados e preparados para chegar a terra e emprender a súa propia aventura empresarial levando o recurso marítimo e mariñeiro por bandeira. Ver máis

atributo_alt

Sesión sobre a tecnoloxía da comunicación aplicada ao emprendemento

As tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) son unha constante en todos os aspectos da vida da práctica totalidade do planeta. Internet e as redes sociais son tan importantes que afectaron aos nosos comportamentos, á nosa maneira de relacionarnos e ademais aos nosos hábitos de consumo. Ver máis

atributo_alt

Os futuros emprendedores coñecen o entorno pesqueiro

Un grupo de alumnos de Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar, que o 18 de xuño presentarán o seu proxecto empresarial, realizaron o pasado venres 6 de xuño unha visita á vila mariñeira de Burela (Lugo). Nun exercicio de achegamento ao sector no que desenvolven a súa formación emprendedora saíron a navegar a bordo dun pesqueiro e recorreron outras instalación como a confraría de pescadores e o barco museo. Ver máis

atributo_alt

Aberta a inscrición para o obradoiro sectorial de emprendemento mariño

Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar está xa na recta final do programa. Entre as actividades que desenvolverán ata o final do curso, encóntrase un obradoiro sectorial de emprendemento mariño, que se desenvolverá o vindeiro 4 de xuño, e que estará aberto a todas as persoas interesadas previa inscrición. Ver máis

atributo_alt

Emprendemento mariño de primeira man

Tras a súa visita ás instalacións de Inditex o pasado mes de abril, os alumnos de Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar realizaron este mércores 14 de maio a súa segunda experiencia emprendedora viaxando a Corrubedo (A Coruña). Alí, Ademais de gozar dun soleado día, tiveron a oportunidade de coñecer as interioridades de Benboa, unha empresa sostible que conxuga a gastronomía tradicional galega coa innovación e a posta en valor dos bens naturais da zona. Ver máis

atributo_alt

I Sesión Alumni de Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar en fotos

Este mércores 7 de maio, unha trintena de xovenes reuníronse no Campus da Universidade de Vigo en torno ao mundo do financiamento privado. Trátase da primeira das sesión alumni que Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar preparou para o programa de formación de este ano. Ver máis

atributo_alt

Próxima reunión emprendedora en torno ao financiamento privado

O mércores 7 de maio Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar reunirá a varias xeracións de valentes que levaron a cabo un proxecto empresarial ou o farán nun futuro próximo. Unha xornada sobre financiamento privado na que, polo seu carácter multidisciplinar, invítase a participar a todo o universitario que o desexe, estea adherido ou non ao programa de Escola de Emprendedores. Ver máis

atributo_alt

Relevo emprendedor

A travesía de Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar recalou o pasado 28 de abril nun porto repleto de coñecemento e aventuras. Os alumnos do programa participaron na primeira das xornadas de Experiencias Emprendedoras, que supuxo para eles un espello no que mirarse. Ver máis

atributo_alt

“Para emprender, ademais de habilidades, é necesaria unha actitude positiva”

Patricia Mouro é técnica de emprego na Fundación Ronsel, entidade que leva case tres lustros orientando, asesorando e acompañando a emprendedores/as no seu proceso de creación de empresas. Ademais é formadora habitual na área da xestión e planificación empresarial así como no ámbito do financiamento. Como tal exerce en dúas das sesións de Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar, comunicando coñecementos e experiencia a uns  futuros emprendedores que necesitan habilidades e actitude. Ver máis