O caso de Saborplace.com

Sabor Place

“Se tes unha idea que che rolda pola cabeza, pon toda a túa ilusión e a paixón para levala a cabo”

Fátima Andrade e Arantxa Fernández son as creadoras, xerentes e propietarias do portal Saborplace.com. Despois de traballar sobre o papel durante tres meses, decidiron levar o seu proxecto de fin de curso da primeira edición da Escola de Emprendedores da UDC, do papel á realidade.

Ambas buscaban un cambio na súa situación laboral e persoal, e decidiron emprender e embarcarse nunha aventura empresarial. SaborPlace.com é algo que cando iniciaron o plan formativo de habilidades emprendedoras da UDC non se imaxinaban, pero atoparon a unha na outra o tándem perfecto para levalo adiante. Agora, as dúas comparten a súa sensación de “satisfacción persoal”.

www.saborplace.com é unha plataforma de difusión e venta online de produtos naturais, ecolóxicos e gourmet que chegan directamente do produtor ao consumidor. É un punto de encontro entre produtores e clientes finais co que ofrecen un dobre servizo. Expoñen a oferta do produtor nun escaparate cun amplo número de espectadores e ademais lle dan soporte tecnolóxico. E ao cliente lle ofrecen unha trazabilidade dos produtos, con toda a información: qué están a comprar, cal é a súa orixe, como foi o proceso… “garantimos a súa calidade”.

equipo saborplace.com

Esta combinación de formación, empresa e innovación, valeulle, con pouco máis de seis meses de vida, o I Premio Empresas e Innovación da Coruña.

Para Fátima, responsable da parte tecnolóxica da plataforma, e Arantxa, encargada da comercialización e comunicación, non hai dúbida de que tomaron a decisión axeitada. Chegaron ao público cun modelo de negocio distinto, que aposta pola proximidade a pesar da súa vertinte tecnolóxica, que chea un nicho de mercado e que se posicionou cun labor de comunicación online a través das redes sociais Facebook e Twitter.

As dúas animan a todo o que estea decidido de que o seu é emprender, que teña unha idea ou obxectivo, a participar en Escola de Emprendedores, pois é un lugar no que “coñeces a xente coma ti, coas mesmas motivacións e inquietudes, que che fan pensar que si se pode sacar adiante unha idea”. E lanzan un consello “Se tes unha idea que che rolda pola cabeza, pon toda a túa ilusión e a paixón para levala a cabo. Os emprendedores non estamos sós, así que… adiante”.