O caso de Viajeros Low Cost

viajeros lowcost

Un xoven emprendedor con ganas de propoñer cousas novas no sector turístico

Di Javier Ramón na presentación do seu blog: “Son un soñador recén chegado ao mundo do emprendemento”. Fíxoo tras aterrar no ano 2012 na Escola de Emprendedores. Alí sentou as bases do que hoxe é Viajeros Low Cost, unha empresa de organización de viaxes e eventos económicos para público xoven, que xa tivo presenza na Feria Internacional de Turismo FITUR dos dous últimos anos, e que recibiu o recoñecemento de PROTURGA (Profesionais do Turismo de Galicia) á Mellor Traxectoria Profesional no sector turístico 2013. na

Diplomado en Empresas e actividades Turísticas, licenciado en Comunicación Audiovisual, cun Máster en xestión de Empresas Turísticas, webmaster e community manager, este emprendedor atopou o seu lugar na primeira edición de Escola de Emprendedores da UDC. Agora asegura que “Por fin podo dicir que, tras tocar varios paus dentro do turismo e a comunicación, atopei o meu camiño. Son un xoven emprendedor con ganas de propoñer cousas novas no sector turístico”.

Exposición pública del proyecto en la Escuela de Emprendedores

Viajeros Low Cost é hoxe un grupo de sete profesionais do turismo, que se posicionaron como un referente para os xóvenes á hora de buscar as súas experiencias no estranxeiro a baixo custe, especialmente en Malta, a súa viaxe estrela para viaxes de fin de curso e de carreira. Xa contan con preto de 4.500 seguidores en Facebook e máis de 47.000 en Twitter.

Por iso, Javier Ramón, como ex alumno do plan de formación de habilidades emprendedoras acudiu a Laboralia 2013 a contar a súa experiencia lanzándose ao mundo empresarial. Unha intervención que pechou coas seguintes palabras: “Xa sexa por conta propia ou allea,traballade en aquilo que vos faga felices; porque teñamos ou non traballo, nunca podemos permitirnos o luxo de estar “parados” no termo máis amplo da palabra”. Javier fíxoo, e hoxe asegura que, laboralmente, atopou o seu camiño.