Consello Social da UDC

Consello Social UDC

O Consello Social da Universidade da Coruña é o órgano de participación da sociedade na UDC. É a ponte de unión entre a sociedade galega e a Universidade.

O Consello Social ten como obxectivos impulsar a estratexia de desenvolvemento na UDC, favorecendo a súa interrelación coa sociedade para a busca dunha mellor calidade de ensinanza e investigación universitarias e a súa eficaz transferencia e posta en valor polas empresas, de forma que a UDC contribúa decisivamente no desenvolvemento económico, social e cultural do seu entorno.