Docentes

  • Eduardo Guillén
  • Eduardo Guillén Solórzano

    Eduardo Guillén Solórzano é Doutor en Organización de Empresas pola Universidade da Coruña. Tras licenciarse nesa mesma Universidade, realizou os seus estudos de MBA-Máster in Business Administration na Universidade inglesa de Southampton, e tras regresar a España en 1999 integrouse como profesor asociado en Organización de Empresas na Universidade da Coruña onde finalizou os seus estudos de doutoramento. Actualmente compaxina esta actividade coa investigación e asesoría a empresas a través da realización de proxectos en múltiples campos, entre os que destacan a xestión da innovación, do deseño, da calidade, e da loxística, fundamentalmente.

    Participa como socio nalgunhas empresas familiares, orientadas ao sector da moda, e é socio fundador de IFIDE- Instituto para el Fomento de la Innovación, el Diseño y el Emprendimiento, unha entidade sen ánimo de lucro orientada a promover o espírito emprendedor e a innovación. Actualmente tamén é responsable de múltiples programas de posgrao orientados ao desenvolvemento de habilidades e competencias, así como no ámbito do Coaching e desenvolvemento de persoas.

  • Luis García Deber
  • Luis García Deber

    Traxectoria profesional marcada polo emprendemento entendido como a constante posta en marcha de novos proxectos xunto a equipos de persoas que “me achegan ilusión, enerxía e coñecemento. “

    Asesor de empresas, proxectos, equipos de traballo e profesionais.

    Docente de vocación, con ampla experiencia en tres grandes áreas: habilidades directivas e traballo en equipo, ámbito laboral e mellora da empleabilidade e análise contable.

    Participa en diversos programas de posgrao, algúns dos cales codirixe, da Universidade da Coruña, a Universidade de Valencia e a Valencian International University.

    Vinculado ao terceiro sector a través da súa responsabilidade como Director da Fundación Ronsel, desempeña diversos cargos de responsabilidade na Asociación Española de Entidades por Empleo e a Fundación Red Araña.

  • Manuel Martínez
  • Manuel Martínez Carballo

    Profesor Contratado Doutor

    Universidade da Coruña

    Dpto. de Análise Económica e Administración de Empresas

    Área de Organización de Empresas

    Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor pola Universidade da Coruña. Tras rematar os seus estudos incorporouse ao mundo profesional levando a cabo distintos proxectos no ámbito da Auditoría de Contas e a Consultoría de Empresas. Dende o curso académico 2001-2002 é profesor da Área de Organización de Empresas na Universidade da Coruña. Participa en distintos proxectos de investigación en colaboración con empresas e entidades públicas. Autor de distintas publicacións de ámbito nacional e internacional no campo da loxística, xestión da calidade, estratexia, xestión empresarial, entre outras. Socio promotor de IFIDE (www.ifide.es) e responsable de distintos programas de posgrao no ámbito do desenvolvemento persoal e executivo/directivo.

  • Patricia Mouro
  • Patricia Mouro

    Patricia Mouro, Licenciada en ADE e diplomada en Empresariais, con experiencia profesional no ámbito do emprendemento dende hai 7 anos, asesorando e tutorizando iniciativas emprendedoras, analizando viabilidade de proxectos empresariais, así como impartindo formación en xestión e creación de empresas, como docente homologada pola Xunta de Galicia.

    Desenvolvemento profesional como técnico de emprego, orientadora laboral e técnica de proxectos de promoción económica e desenvolvemento social. Actualmente, na área de xestión e execución de proxectos europeos.

    Linkedin

  • Rafael Vázquez
  • Rafael Vázquez

    Licenciado e Diplomado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña.

    Doutoramento en Economía Financeira e Contabilidade pola Universidade da Coruña.

    Máster en Planificación e Xestión de Proxectos de Emprego pola Universidade de Vigo.

    Postgrao en Promoción e Xestión de Iniciativas Locais de Emprego pola Universidade de Valencia.

    Exerce a súa actividade profesional como Economista dende o ano 1998, desenvolvendo actividades relacionadas coa formación, asesoramento e consultoría, todas elas orientadas a facilitar procesos de emprendemento e xestión empresarial.

  • Manuel García
  • Manuel García García

    Co-Fundador e Diretor en Zarpamos

    Actualmente é Socio e Director de Zarpamos, unha Aceleradora Incubadora de proxectos de Internet especializada en aplicacións móviles e web, con ubicación en A Coruña. Dedicado en exclusiva a Zarpamos, no desenvolvemento da súa estrutura, captación e análise de proxectos, relación con Partners e mentores.

    Emprendedor desde fai máis de 15 anos, sempre en proxectos baseados en Internet ou Telefonía Móvil con proxectos propios como OnCurso, Gestko, España e Galicia
    en Coworking, entre outros.

    Experiencia como Desarrollador en Jquery mobile, Html5, PhoneGap, TecnologíaFlash Builder, Flash Catalyst, Flash (as3/as2/as1), Adobe Air, Adobe Flash Lite.
    Experiencia en diversos sectores: Publicidade, Elearning, Consultoría, Formación, Autónomo.
    Experiencia para diferentes soportes: Web, PDA, Móvil, Pantalla táctil.
    Coñecemento en implementación en as3 de apis externas como Google Maps, Facebook, Twitter.
    Clientes para os que traballou: Repsol, Telefónica, Loewe, Renault, Banco Santander, American Express, Lenovo, IBM, Soluziona, Xunta de Galicia, Aedyr, ING, UNICEF.

    Especialidades: Desenvolvemento e Innovación sobre programación Flash Builder, Flash Catalyst,Flash. AS2, AS3, Integración con lenguajes servidor. Tratamiento de Video en Flash.

    Adobe Air (creación de Widgets). Desenvolvemento para Plataformas Móviles IOS, Android. Estudo de requisitos. Novos produtos.