Emprendemento mariño de primeira man

Tras a súa visita ás instalacións de Inditex o pasado mes de abril, os alumnos de Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar realizaron este mércores 14 de maio a súa segunda experiencia emprendedora viaxando a Corrubedo (A Coruña). Alí, Ademais de gozar dun soleado día, tiveron a oportunidade de coñecer as interioridades de Benboa, unha empresa sostible que conxuga a gastronomía tradicional galega coa innovación e a posta en valor dos bens naturais da zona.

Foto_grupo_visita_Benboa

Benboa é un claro exemplo de emprendemento en torno ao mar. E como tal os seus responsables explicaron como chegaron a un modelo de negocio que se converteu nunha forma de aproveitar o mar e os seus produtos para ofrecer ao visitante unha experiencia. Benboa é un multiespazo gastronómico, un lugar onde vivir a experiencia do bo comer dende varias perspectivas, pois alí se pode comprar o produto recén pescado, observar a súa elaboración culinaria e mesmo o degustalo alí mesmo, nada máis compralo.

Os alumnos de Escola de Emprendores. Edición Campus do Mar visitaron todas as instalacións, que constan dunha cetaria, un mercado de abastos tradicional, unha zona de tapeo e unha de restaurante, ademais do seu máis que adecuada contorna, o porto de Corrubedo.

Recorrido por Inditex

Esta foi a segunda das experiencias emprendedoras dos alumnos tras a visita a Inditex o pasado 8 de abril. Durante dúas horas percorreron a nova zona da sede situada en Arteixo (A Coruña) na que se sitúa o labor máis comercial (tendas piloto, xestión de tendas online, tendencias…), a parte de xestión estratéxica (fabricación e distribución) e a de loxística. É dicir, puideron observar e coñecer máis de preto o proceso integral dunha das grandes empresas a nivel mundial.

visita_Inditex_Escola_emprendedores