Emprendendo en Laboralia

Un ano mais “Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar” e o programa de formación para a mellora da empleabilidade e a inserción laboral de estudantes e titulados universitarios “Laboralia”, foron da man.

Bgbya_TIcAAoqe3 (3)

Na súa cuarta edición, un emprendedor saído das nosas aulas volveu participar na mesa de clausura dos “Experiencie days” de Laboralia. Diego Santos, xerente da guía de turismo online especializada en surf “Surfin”, engaiolou a todo o aforo coa súa naturalidade, a súa espontaneidade, e sobre todo, a súa paixón.

Xunto a tres grandes empresarios galegos (Frankie Gómez, conselleiro delegado de Confirmsign; David Bello, CEO de IPGlobal; e Marcos Rodríguez, xerente de Formato Verde) Santos, coa súa imaxe de “eterno estudante e eterno bolseiro” explicou aos asistentes a súa experiencia, que cualificou de “brutal”, e lles trasladou a idea de que o emprendemento é “unha saída digna para o autoempleo”.

Insistiu o xoven empresario en que o mais importante para emprender é ter unha idea, crer nela, defendela e adaptarse ás necesidades do mercado. Desta maneira, e co seu proxecto www.surf-in.org, Diego Santos cumpre cun dos obxectivos cos que naceu “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar”, que é contribuír ao desenvolvemento sostible da sociedade galega, e a do norte de Portugal.

Tamén polo sector del turismo se decantou o representante da edición 2013 de Laboralia, Javier Ramón. O CEO de “Viajeros Low Cost” pechou á súa intervención aconsellando: “Xa sexa por conta propia ou allea, traballade naquelo que vos faga felices, porque teñamos ou non traballo, nunca podemos permitirnos o luxo de estar parados (no sentido máis amplo da palabra)”. Case dous anos despois de finalizar a súa formación en Escola de Emprendedores, recoñece que “Un bo día tomei a decisión de emprender e, hoxe podo dicir que, laboralmente, atopei o meu camiño”.