Pon rumbo ao teu futuro emprendendo no mar

Do 11 ao 21 de marzo de 2014 permanece aberto o prazo de preinscrición para formar parte da “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” 2014.  Durante este período de tempo os interesados en participar nesta proposta formativa poderán solicitar a súa inclusión no proceso de selección para ocupar unha das 25 prazas que ofrece o programa.

A “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” está organizada de forma conxunta polo Consello Social da Universidade da Coruña, o Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar e a Fundación Universidade da Coruña. Colaboran ademais a Asociación Gallega de la Empresa Familiar e a Fundación Ronsel.

O obxectivo deste programa formativo de colaboración Universidade- Empresa, é fomentar o desenvolvemento e fortalecemento das competencias, habilidades, recursos e ferramentas necesarias para a posta en marcha de proxectos empresariais que xeren valor social e económico a través de actividades relacionadas co ámbito mariño/ marítimo.

Os candidatos deberán ser universitarios e universitarias que se encontren cursando estudos de Licenciatura, Enxeñería, Arquitectura, Grao ou Posgrao (Mestrado ou Doutoramento) impartidos en calquera universidade galega. Tamén poden acceder aqueles titulados e tituladas que finalizaran os seus estudos universitarios ou de Posgrao durante os cursos 2010-2011, 2011-2012 e 2012-2013.

As solicitudes poden descargarse a través http://escolaemprendedores.com/inscricion/ e deben remitirse á dirección slopezj@udc.es cumprimentadas e acompañadas da documentación requirida, antes das 12.00 horas do 21 de marzo. Posteriormente, os seleccionados serán convocados para unha entrevista persoal.

Escola_Emprendedores_Campus_do_Mar_2013