Sesión sobre a tecnoloxía da comunicación aplicada ao emprendemento

As tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) son unha constante en todos os aspectos da vida da práctica totalidade do planeta. Internet e as redes sociais son tan importantes que afectaron aos nosos comportamentos, á nosa maneira de relacionarnos e ademais aos nosos hábitos de consumo.

redes-sociales

Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar non pode obviar este aspecto, e achegará aos seus alumnos o vindeiro xoves 12 de xuño, unha xornada sobre emprendemento e redes sociais, baixo o título “Introdución á comunicación dixital na empresa: estratexia online e Social Media”.

Os asistentes recibirán unha serie de pautas para difundir a presenza e a mensaxe das súas empresas e/ou marcas a través da rede de forma correcta. A elección da mensaxe, os obxectivos, as ferramentas, os públicos aos que dirixirse … Todos estes e máis elementos son claves para a elaboración dunha boa estratexia de comunicación online que xenere un retorno da inversión, do posicionamento e da reputación á empresa.

Os participantes na xornada poderán ademais tomar nota do traballo de community management imprescindible en cada rede social, como establecer unha estratexia de comunicación en Social Media e coñecer algúns casos de éxito e de crise a través das redes.

A xornada, que estará aberta a todos os alumnos, ex alumnos e emprendedores interesados no tema, será impartida por Pedro Tasende, emprendedor dixital, CEO da empresa Aporta Comunicación, e Lucía Martínez Mera, xornalista e digital manager.

Será o xoves 12 de xuño de 10.00 a 12.30 horas no Edificio Normal (Paseo de Ronda 47, 11 planta). Para acudir é necesaria a inscrición a través dos correos electrónicos slopezj@udc.es ou eva@udc.es ou do teléfono 981 167 000 ext. 4374, 4393.