Exemplo de valor, iniciativa e talento

Xa finalizaron as clases na Escola de Emprendedores- Edición Campus do Mar. A só dúas semanas de presentar os seus proxectos, os 25 alumnos deste programa de formación xa gozan de novas competencias, habilidades, recursos e ferramentas para poñer en marcha novas aventuras e proxectos empresariais que xeren valor social e económico a través actividades relacionadas co ámbito mariño/ marítimo.

Tres deses estudantes puxéronse diante das cámaras de V Televisión e contaron a súa experiencia e a súa nova visión despois de formarse nesta escola de emprendedurismo froito da colaboración entre o Consello Social da Universidade da Coruña, o Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar e a Fundación Universidade da Coruña. Colaboran ademais a Asociación Gallega de la Empresa Familiar e a Fundación Ronsel.

V Televisión: “Fórmate para ser un emprendedor”

captura-ok