Formación baseada na práctica e a experiencia

Arranca a campaña de preinscrición de “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar”, que este ano chega con novidades. Como programa formativo en continua evolución, quixo incorporar novos recursos á súa metodoloxía.

No 2014 ponse en marcha actividades dirixidas a antigos alumnos. Estas accións de acompañamento Rede Alumni favorecerán a formación continua e complementarán os coñecementos adquiridos polos alumnos da edición actual ao longo do programa.

Ademais, ao finalizar o programa de formación levarase a cabo unha serie de obradoiros sectoriais. Os seus contidos abordarán diferentes aspectos do emprendemento e a innovación en relación cos proxectos de negocio desenvoltos en “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar”, así como as áreas de coñecemento e investigación ligadas ao “Campus do Mar”.

Escola-Emprendedores-Campus-do-Mar-2013A incorporación destes obradoiros ten como obxectivo facilitar a estruturación de ideas de negocio nos sectores económicos mariños e marítimos, analizar a súa viabilidade e proporcionar información sobre as ferramentas de xestión necesarias para a súa potencial implementación.

Continuando coa esencia de ofrecer un programa universitario de formación baseado na práctica e a experiencia, volveuse a incorporar o método LEAN.

Este simulador de empresas online permite ao alumno integrarse nun proceso de aprendizaxe que conta co asesoramento de mentores, e á vez recrea a planificación do proxecto empresarial proposto, así como o testeo do servizo ou produto que se pretende lanzar ao mercado. Esta plataforma supón un enfoque innovador de ensinanza que está cambiando o protocolo de lanzamento de produtos por parte das empresas.