I Sesión Alumni de Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar en fotos

Este mércores 7 de maio, unha trintena de xovenes reuníronse no Campus da Universidade de Vigo en torno ao mundo do financiamento privado. Trátase da primeira das sesión alumni que Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar preparou para o programa de formación de este ano.

Nela, algúns antigos alumnos, os actuais, e emprendedores vigueses, escoitaron a charla que lles ofreceu Tania Villares, analista de inversións de Unirisco SCRA, a primeira sociedade de capital risco universitario autorizada pola Comisión do Mercado de Valores. A sesión, lles serviu para aprender máis do mundo da inversión privada a través de empresas de Capital Risco e Business Angels, cal é a súa filosofía e que é o que solicitan os promotores das empresas que pretenden investir.

En conclusión, gozaron dunha xornada de sol, boa compaña e de grandes ratos adicados a aprender e a compartir experiencias e coñecementos.