inscrición

PREINSCRICIONES

Os interesados en formar parte da “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” deberán remitir o documento “Solicitude de Aceptación de Candidatura” á dirección de correo electrónico a slopezj@udc.es antes das 12:00 horas do día 28/03/2014.

O documento “Solicitude de Aceptación de Candidatura” deberá acompañarse da seguinte documentación:

  • A. Estudantes universitarios das universidades do SUG (Sistema Universitario de Galicia)
  • 1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI), Número de Identificación de Estranxeiros (NIE), ou no seu defecto, pasaporte.
  • 2. Fotocopia do resgardo que acredite a matrícula nun programa de formación oficial (Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao, Mestrado ou Doutoramento) impartido por calquera das universidades galegas.
  • 3. Fotocopia do expediente académico.
  • 4. Currículum Vitae (Extensión máxima: 1 páxina).
  • B. Titulados universitarios que finalizaron os seus estudos nos cursos 2010-2011, 2011-2012 e 2012-2013
  • 1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI), Número de Identificación de Estranxeiros (NIE), ou no seu defecto, pasaporte.
  • 2. Fotocopia do título universitario ou resgardo de solicitude que acredite a súa obtención (Licenciatura, Enxeñería, Arquitectura, Grao, Mestrado ou Doutoramento). O título deberá ter sido obtido en calquera universidade do SUG (Sistema Universitario de Galicia).
  • 3. Fotocopia do expediente académico.
  • 4. Currículum Vitae (Extensión máxima: 1 páxina).
PRESELECIÓN E ENTREVISTA

A presentación da solicitude por parte dos interesados non implica a aceptación automática da proposta de candidatura.

A organización, a través dunha Comisión de Selección, valorará as candidaturas presentadas. A comisión estará formada por un membro nomeado por cada unha das seguintes entidades:
Consello Social da UDC, Campus de Excelencia Internacional “Campus do Mar”, Fundación Universidade da Coruña e Fundación Ronsel.

A Comisión de Selección valorará as candidaturas en atención aos seguintes criterios de selección:

  • Excelencia académica valorada a partir do expediente académico.
  • Experiencia profesional/formación en ámbitos relacionados cos clústeres de investigación do Campus do Mar.
  • Entrevista persoal.
  • Valoraranse positivamente coñecementos de inglés como lingua de traballo.
  • Sen ser excluinte, valorarase a descrición ou presentación dunha idea de negocio e a novidade da mesma.

Os alumnos serán notificados vía correo electrónico da data, hora e lugar na que se realizarán as entrevistas persoais.

MATRÍCULA

Unha vez finalice o procedemento de selección, os alumnos serán notificados do resultado vía correo electrónico. Aqueles que resulten seleccionados deberán formalizar a matrícula e realizar o pago correspondente a través da páxina www.fundacion.udc.es.

  • Importe: 70 euros.
  • Gastos por desprazamento: A organización correrá cos gastos de transporte que os alumnos deban realizar para asistir ás actividades organizadas no marco do programa cando estas se desenvolvan nunha provincia diferente á do seu domicilio.