Metodoloxía

  • “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” baséase no modelo “learning by doing-out of the box”. Esta metodoloxía incorpora elementos innovadores ao proceso de ensinanza- aprendizaxe, que permiten ao alumno acceder a unha experiencia formativa baseada na participación activa.

  • Os alumnos terán a oportunidade de acceder con carácter preferente a conferencias e obradoiros impartidos por expertos de recoñecido prestixio a nivel internacional no ámbito do fomento do emprendemento de base tecnolóxica, principalmente no ámbito mariño/ marítimo.

  • Método LEAN. Simuladora de empresas (Formación online)

  • Os alumnos de “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” recibirán formación online que contribuirá á planificación do seu proxecto empresarial. A metodoloxía LEAN supón un novo enfoque que se está adoptando en todo o mundo para cambiar a forma na que as empresas crean e lanzan os seus produtos.

  • “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” recorre a esta metodoloxía, permitindo ao alumnado integrarse nun proceso de aprendizaxe con mentores onde se recreará a planificación do proxecto empresarial e o testeo do servizo ou produto a través dunha experiencia simulada por equipos.

  • Ademais, incorporarase o material necesario para conectar os coñecementos adquiridos en xestión empresarial con proxectos, iniciativas e boas prácticas focalizadas no mar.

  • Obradoiros sectoriais

  • Ao finalizar o programa desenvolverase unha serie de obradoiros sectoriais. Os contidos inclúen, desde un enfoque multidisciplinar, diferentes aspectos do emprendemento e a innovación en relación cos proxectos de negocio desenvolvidos na “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar”, e as áreas de coñecemento e investigación ligadas ao Campus do Mar.

  • O obxectivo dos obradoiros é o de facilitar a estruturación de ideas de negocio nos sectores económicos mariños e marítimos, analizar a súa viabilidade e proporcionar información sobre as ferramentas de xestión necesarias para a súa potencial implementación, contando coa colaboración e o asesoramento de expertos en cada un dos sectores abordados.

  • A participación nos obradoiros está aberta a estudantes, posgraduados, investigadores e outros emprendedores do Campus do Mar cunha idea de negocio innovador dentro das temáticas formuladas.

  • Accións de acompañamento Red Alumni

  • Nesta segunda edición poranse en marcha accións de formación dirixidas a antigos alumnos de Escola de emprendedores. O obxectivo destas sesións é favorecer a formación continua dos antigos alumnos e complementar os coñecementos adquiridos polos alumnos actuais ao longo do programa. Desenvolveranse as seguintes sesións:

  • · Sesión en emprendemento e redes sociais.

  • · Sesión en introdución ao financiamento privado.