O Campus do Mar convoca un Concurso de Preincubadoras de base tecnolóxica

O Campus do Mar convoca a primeira edición do Concurso de Preincubadoras de EBT, enmarcado no programa EMPRENDEMAR. O obxectivo desta iniciativa é promover e apoiar proxectos emprendedores de base tecnolóxica relacionados co mundo marítimo.
FotoConcursoPreincubadora
O premio consistirá na cesión gratuíta durante un ano dun local no viveiro de empresas dunha das tres institucións que forman o Campus do Mar: a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela ou a Universidade da Coruña. Deste xeito, os seleccionados poderán transformar e materializar o seu proxecto nun negocio con expectativas de futuro para o que disporán, ademais, de apoio loxístico e administrativo, así como de actividades formativas e asesoramento técnico.

O concurso está dirixido a estudantes, titulados e persoal (PAS e PDI) das tres universidades galegas. Os proxectos poderán ser presentados individualmente ou en grupos de ata 5 persoas.

O prazo de inscripción remata o vindeiro 30 de abril ás 16:00 horas. Os interesados en participar poden solicitar máis información no email transferencia@campusdomar.es ou no teléfono 986 13 00 00.

Toda a información sobre este concurso está dispoñible na web campusdomar.es.