Obxectivos

Objetivos de Escola de Emprendedores
  • “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” é Lifelong learning para o fomento do emprendemento

  • “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” é un programa de formación para o fomento da cultura emprendedora no ámbito universitario, que pretende ofrecer formación práctica orientada a fortalecer e fomentar a adquisición das competencias profesionais que resultan necesarias para poñer en marcha un proxecto empresarial.

  • “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” é unha aposta polo desenvolvemento sostible

  • A través deste programa de formación preténdese contribuír a impulsar o crecemento económico, o emprego e a internacionalización en Galicia e o norte de Portugal. O seu obxectivo é promover a creación de proxectos empresariais que xeren valor social e económico a través da posta en marcha de actividades relacionadas co ámbito mariño/marítimo.