Perfil do alumnado

Perfil del alumno en Escola de Emprendedores

O noso programa formativo está aberto á participación de persoas con inquietude emprendedora, independentemente de que conten cun proxecto definido para crear unha empresa.

Aquí encontrarán coñecementos e sinerxías que lles axudarán a tomar a decisión de iniciar un proxecto empresarial, a fortalecer as súas aptitudes emprendedoras e a afondar no ámbito do mar como un espazo cheo de oportunidades e con futuro.

Seleccionarase un total de 25 alumnos, que deberán responder ao seguinte perfil:

Estudantes universitarios, de calquera nacionalidade, que actualmente estean cursando estudios de Licenciatura, Enxeñería, Arquitectura, Grao ou Posgrao (Mestrado ou Doutoramento), impartidos por calquera das universidades de Galicia.

Titulados universitarios, de calquera nacionalidade, que haxan finalizado estudos de Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao ou Posgrao (Mestrado ou Doutoramento) en calquera das universidades de Galicia, durante os cursos: 2010/2011, 2011/2012 o 2012/2013.

Titulados universitarios, de calquera nacionalidade, residentes en Galicia, que haxan finalizado estudos de Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao ou Posgrao (Mestrado ou Doutoramento) fora do SUG (Sistema Universitario de Galicia), durante os cursos: 2010/2011, 2011/2012 o 2012/2013.