Programa e metodoloxía

Programa y metodología de Escola de Emprendedores

Intenso, activo e participativo. O programa da “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” propón unha serie de actividades dinámicas que contempla obradoiros, conferencias, visitas a empresas ou xornadas de outdoor training, entre outras. Todas se levarán a cabo nun total de 250 horas entre o 2 de abril e o 13 de xuño de 2014 nas cidades da Coruña e Vigo.

“Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” combina seis metodoloxías distintas, que xeran un valor engadido propio orientado á consecución dos obxectivos académicos formulados. O programa de formación consta dos seguintes módulos:

SESIÓNS PRESENCIAIS
  • Sesión 1 – Xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais. (A Coruña)
  • Sesión 2 – Planificación de proxectos. Análise de viabilidade de proxectos empresariais. (A Coruña)
  • Sesión 3 – Competencias profesionais. (Vigo)
  • Sesión 4 – Presentación pública de proxectos. (A Coruña)
OBRADOIROS
  • Obradoiro 1 – Metodoloxía Net- Maptool box. (A Coruña)
  • Obradoiro 2 – Comunicación de proxectos. (A Coruña)
  • Obradoiro 3 – Marca persoal. (Vigo)
  • Obradoiro 4 – Programas de axuda e subvención para a posta en marcha de proxectos. (Vigo)
OUTRAS ACTIVIDADES
  • Método Lean. Simuladora de empresas (Formación Online).
  • Outdoor Training.
  • Experiencias emprendedoras e visitas a empresas.
  • Obradoiros sectoriais.
  • Accións de acompañamiento Red Alumni.