Relevo emprendedor

A travesía de Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar recalou o pasado 28 de abril nun porto repleto de coñecemento e aventuras. Os alumnos do programa participaron na primeira das xornadas de Experiencias Emprendedoras, que supuxo para eles un espello no que mirarse.

Experiencia_Emprendedora_Escola_UDC

O patio interior do café bar Marita Ron da Coruña converteuse nunha ágora no que un grupo de emprendedores do presente e outros do futuro intercambiaron ideas e pareceres sobre o apaixonado e comprometido mundo do autoemprego.

Aínda que os alumnos de Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar orientan os seus proxectos ao ámbito mariño, escoitaron a experiencia de empresarios de distintos sectores, para así contar con diferentes visións dun mesmo proceso.

Unha das empresas que xurdiron no camarote de Escola de Emprendedores. Edición campus do Mar é o portal de venda de comida ecolóxica e artesanal Sabor Place, polo que as súas CEOs, Arantxa Fernández e Fátima Andrade, non faltaron á cita. Tamén explicaron a súa singladura emprendedora Joaquín Vierna, director xeral de Allgenetics, empresa de aplicación de xenética molecular á ecoloxía e proxectos de biodiversidade; Daniel Fernández e Lucía Pita, creadores da axenda de ocio online Vivir na Coruña, e Manuel García, CEO da incubadora de proxectos de Software Zarpamos.

Con respecto ao ámbito de actuación do programa actual, o mar, contaron coa experiencia e os consellos de Patricia Verísimo, ex social de Fismare, Innovación para la Sostenibilidad, unha empresa xurdida no seo da Universidade da Coruña.

Nada mellor que unha xornada de escoita, esclarecemento de dúbidas, conversación e un maior coñecemento de primeira man dunhas rutas que cada un dos tripulantes do barco emprendedor terán que percorrer para manter o seu rumbo e chegar ao seu destino.