Turismo, gastronomía, divulgación e acuicultura están presentes nos proxectos da III Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar

O pasado mércores 18 de xuño finalizaba a travesía emprendedora dunha vintena de mozos que prometen formar parte do programa empresarial galego máis pronto que tarde. Durante a xornada de clausura de “Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” puxeron a proba a súa temperanza e o seu discurso e presentaron as súas ideas de negocio aos alí presentes. En total foron cinco os proxectos que xurdiron desta singladura formativa.

1- Plataformas flotantes: Iniciativa para a explotación dun sistema de soportes para turismo e ocio en ámbitos costeiros.

1.-Plataformas-flotantes_600

2- Crabe Geryon: Proxecto orientado á cociña, distribución e venda de descartes do sector pesqueiro, que se comercializaría fresco e en conserva dende as lonxas da Costa da Morte.

2.-Crabe-geryon_600

3- Feel the See: Iniciativa de actividade económica centrada no turismo mariñeiro. Este proxecto une a experiencia do mar coa gastronomía e a historia da comunidade mariñeira.

Feel_the_Sea_600

4- Aula do Mar de Galicia: Proxecto de creación dun espazo reservado para a educación, divulgación e conservación do medio mariño, aproveitando as características especiais de Galicia.

Aula_do_mar_600

5- Gbait: Empresa de acuicultura mariña centrada no cultivo integral e a comercialización de cebo vivo para pesca recreativa.

Gbite_600De momento son só proxectos, pero en breve serán unha realidade.